ConcellosO BarcoÚltima hora

A campaña “Con N de Nai” do Barco CCA, na praza do Concello

 

Tanto este xoves como venres a Asociación Centro Comercial Aberto (CCA) contará cunha caseta na praza do Concello do Barco no marco da campaña de dinamización “Con N de Nai” para celebrar o Día da Nai. A ela, en horario de 11:00 a 13:30 horas na Praza do Concello, poderán achegarse os clientes que nestes días realicen compras nos establecementos asociados para depositar os seus tíckets de compra. Entre todos os participantes sortearanse, ao azar, dous vales de compra por valor de 100€, cada un, para investir nos negocios asociados ao CCA O Barco.

Ademais, a asociación entregará aos clientes, que depositen o seu tícket de compra na urna, unha pequena planta como agasallo (ata fin de existencias). O sorteo celebrarase o luns 3 de maio, ás 13:30 horas. Os premiados serán avisados por teléfono e os seus nomes publicaranse en redes sociais.

Artigos relacionados

Back to top button