CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

A campaña das Letras Galegas do Barco ‘Os vieiros de Florencio’ xa ten gañadores

A entrega de premios tiña lugar esta tarde na praza do Concello por parte do presidente do CCA O Barco, Jacobo Arias

Publicidade

 

Un ano máis o Centro Comercial Aberto O Barco e os Equipos de Dinamización Lingüística dos centros educativos barquenses, aunaron esforzos para poñer en marcha a campaña das Letras Galegas, adicadas neste 2022 ao poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán.

 

Ana Fernández do CEIP Condesa de Fenosa.

 

Vega Marcos do CEIP Julio Gurriarán.

 

A campaña consistía na exposición de fotografías, realizadas polo alumnado con versos do poeta, nos establecementos do CCA participantes; e tamén nunha xincana por comercios e locais de restauración  na procura das fotos da campaña selando o folleto de participación no local correspondente, e na tarde deste mércores 8 de xuño entregábanse os premios (vales de compra para investir as librarías asociadas do CCA) aos alumnos galardoados.

 

Abraham J. Querales do CEIP Otero Pedrayo.

 

O acto tiña lugar na praza do Concelllo do Barco por parte do presidente do CCA, Jacobo Arias, quen daba as grazas “aos centros educativos do Barco pola iniciativa” e os parabéns “ao alumnado pola creatividade á hora de realizar as fotografías”.

 

Mailén Aller do Colexio Divina Pastora.

 

Os premios ás mellores fotografías expostas (elixidas pola directiva do CCA que fixo de xurado) foron para: Ana Fernández Martínez do CEIP P. Condesa de Fenosa; Vega Marcos Alonso do CEIP P. Julio Gurriarán; Abraham Jareb Querales Lara do CEIP Otero Pedrayo de Viloira; Mailén Aller Pfirter do Colexio P. Divina Pastora; Eva Álvarez Fernández do IES Lauro Olmo; e Natalia Teresa Brasa Díaz do IES Martaguisela.

 

Eva Álvarez do IES Lauro Olmo.

 

Natalia T. Brasa do IES Martaguisela.

 

Con respecto ao premio da xincana, a papeleta sacouse en directo esta tarde no acto ao que ademais dos premiados e as súas familias, tamén asistían representantes dos centros escolares. A gañadora do vale de 50 euros para investir nas librarías do CCA foi Cloe Yáñez González.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button