A RúaConcellosÚltima hora

A campaña de información e sensibilización contra a violencia sexual recala na Rúa

A iniciativa, que está a percorrer Galicia, inclúe obradoiros e actividades lúdicas dirixidas a todas as idades

 

A Rúa acolle hoxe a campaña Agresión Off: Eu digo non á violencia sexual, que está a percorrer os concellos galegos que forman parte da Rede de entidades locais contra a violencia de xénero e que solicitaron participar nesta iniciativa da Consellería de Emprego e Igualdade que se prolongará durante todo o mes.

Nas instalacións que hoxe se poderán visitar na praza José Antonio Míguez Freire ata as 17:30 horas, ofrécese á cidadanía a posibilidade de tomar parte en obradoiros de sensibilización e actividades lúdicas, sempre cumprindo con toda a normativa de prevención contra ocovid-19. Todos son inclusivos e están dirixidos a todas as idades. No caso do público infantil, hai un espazo especial destinado a dinámicas adaptadas á súa realidade.

 

O stand da campaña, instalado na praza do Concello da Rúa.

 

Os obradoiros están divididos en áreas de traballo con contidos concretos co obxectivo de sensibilizar á poboación contra a violencia sexual. Entre as temáticas que se abordan destacan o desmantelamento de estereotipos de xénero co obxectivo de combater o sexismo desde a infancia; mitos sobre o amor; alerta de micromachismos; a parella e a igualdade; autoestima e valoración persoal; violencia e novas tecnoloxías; educación en igualdade; e a importancia de estar informados.

Fotos: Concello da Rúa.

Artigos relacionados

Back to top button