OurenseÚltima hora

A campaña de turismo seguro da Xunta visita Ourense

A oficina itinerante estará aberta durante a xornada de hoxe, 13 de agosto, e mañá, día 14, na Praza Bispo Cesáreo

Imaxe da oficina de turismo. / Foto: cedida.

 

A cidade de Ourense acollerá, durante o día de hoxe, 13 de agosto, e mañá, 14 de agosto; a campaña itinerante da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta para promover un turismo seguro. A unidade móbil funcionará como oficina de turismo e estará ubicada na Praza Bispo Cesáreo, cun horario de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 21:00h. A oficina proporcionará información a veciños e viaxeiros sobre os recursos dispoñibles na comunidade e a seguridade que ofrece Galicia como destino. Profesionais darán aos interesados información turística sobre destino, recursos, paisaxe, natureza, enogastronomía e patrimonio cultural.

 

O interior da oficina. / Foto: cedida.

 

Esta campaña dá continuidade ás medidas tomadas polo goberno autonómico que buscan garantir a seguridade e a protección aos viaxeiros e traballadores que visitan Galicia así como aos seus residentes habituais. A iniciativa enmárcase dentro do Plan de Reactivación do sector turístico e no programa “Galicia destino seguro”.

Artigos relacionados

Back to top button