EconomíaEconomíaÚltima hora

A campaña Días Azuis do Comercio Galego sorteará 16.200 euros en 80 tarxetas prepago

Esta é xa a cuarta edición desta iniciativa, que contará coa colaboración dos establecementos de máis de 100 asociacións e centros comerciais abertos de toda Galicia, entre eles os da provincia de Ourense

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, na presentación da campaña “Días Azuis do Comercio”, xunto a representantes do sector comercio galego.

 

Ponse en marcha unha nova edición da campaña dos Días Azuis do Comercio Galego, que se celebrará do ata o 30 de setembro nos establecementos da comunidade co obxectivo de impulsar as vendas do comercio de proximidade e poñer en valor o importante papel económico e social do sector no actual contexto económico. Esta é xa a cuarta edición desta iniciativa, que contará coa colaboración dos establecementos de máis de 100 asociacións e centros comerciais abertos de toda Galicia, entre eles os da provincia de Ourense, como é o caso do Barco CCA.

 

Outro dos momentos da presentación.

 

Durante as datas de duración da campaña, os clientes que merquen nos establecementos minoristas poden participar no sorteo de 16.200 euros, repartidos nun total de 80 tarxetas prepago de 300 e de 150 euros. Para participar hai que rexistrar a compra na páxina da campaña https://www.diasazuis.com/ ou solicitar ao comerciante que faga o rexistro.

Así o explicaba a directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, na suá presentación esta mañá. Nela estaba acompañada polo presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e polo director de Red Comercial de Abanca, Gabriel González Eiroa.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button