Eleccións municipaisPolíticaÚltima hora

A campaña dos socialistas barquenses será “na rúa”

O candidato Alfredo García adiantaba que o sábado 9 de maio está previsto un mitín-cea do PSdeG-PSOE
Alfredo García encabezará de novo a candidatura socialista nas municipais no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.
Alfredo García encabezará de novo a candidatura socialista nas municipais no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

“Comeza o traballo de rúa que pretende poñer o broche a catro anos de traballo”. Con estas palabras aludía o candidato socialista á reelección como alcalde no Barco, Alfredo García, ao inicio da campaña electoral das eleccións municipais do 24 de maio.

Nos vindeiros quince días os socialistas barquenses adicaranse a tres cousas “fundamentalmente: a dicirlle aos barquenses quen somos e que facemos, algo que xa saben, pero tamén a explicarlles que imos facer e a presentarnos, especialmente os novos, os que se incorporan a esta lista para que tamén os coñezan de preto”, adiantaba o cabeza de lista barquense do PSdeG-PSOE.

O cabeza de lista barquense do PSdeG-PSOE durante a rolda de prensa./ Foto: Carlos G. Hervella.
O cabeza de lista barquense do PSdeG-PSOE durante a rolda de prensa./ Foto: Carlos G. Hervella.

A súa intención é desenvolver a unha campaña a pé de rúa, mantendo a liña de anos anteriores. “O noso é a rúa, fuximos da parafernalia, despois de 16 anos seguimos traballando coa mesma humildade. Imos de mochila, non imos de corbata”, engadía García.

Alfredo García adiantaba a celebración dun mitín o vindeiro día 9 no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.
Alfredo García adiantaba a celebración dun mitín o vindeiro día 9 no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

Ademais de multitude de actos cos veciños, que se desenvolverán en diferentes puntos do municipio, Alfredo García tamén anunciaba a celebración dun mitin central, seguido dunha cea, o sábado 9 de maio ás nove e media da noite no pavillón do Concello. Nel contarase coa presencia do secretario xeral dos socialistas galegos, Xosé Ramón Gómez Besteiro.

Artigos relacionados

Back to top button