CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

A campaña educativa “Reparas?” sobre reciclaxe e compostaxe chega ao Barco

Alumnado de colexios do municipio participaba nas actividades desta iniciativa na praza do Concello

Exposicións, charlas e tamén xogos para concienciar aos máis pequenos sobre a importancia de reciclar e saber xestionar os residuos que se xeran. A praza do Concello do Barco convertíase na mañá do 18 de xuño en escenario de “Reparas? Campaña educativa itinerante sobre prevención, reutilización, reciclaxe e compostaxe dos resíduos sólidos urbanos”, promovida pola Xunta de Galicia.

Nela participaban escolares de diversos centros barquenses (nas imaxes da galería os do Colexio Divina Pastora e o CEIP Julio Gurriarán) que escoitaban as explicacións dos monitores e participaban nas propostas e xogos desta iniciativa. Entre elas figuraban unha exposicións que tocaba cuestións como a economía circular, a xestións dos residuos municipais, a reciclaxe ou a valoración enerxética, entre outros.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button