Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

A campaña electoral na cidade de Ourense, a pé de rúa

As diferentes candidaturas amosan os seus programas ao longo do Paseo

Ata quince grupos políticos presentan as súas candidaturas ao Concello de Ourense, para as eleccións municipais do 26 de maio. E a falta de apenas catro días para os comicios, boa parte deles apuran a campaña, amosando as súas propostas e programas a pé de rúa.

Así o puderon comprobar os veciños, turistas e tamén peregrinos que na xornada do 22 de maio percorreron a rúa do Paseo. Ao londo da céntrica vía, na que se concentra boa parte da oferta comercial e turística da cidade das Burgas, as diferentes candidaturas espallaron a súa propaganda electoral, con orixinais propostas, dende o reparto de café ou palomitas, ata a instalación dun sofá no que sentarse e reflexionar. E todo sen deixar de lado o obxectivo principal: que todos os viandantes tivesen a oportunidade de coñecer de primeira man as propostas de cada grupo político así como dos propios candidatos que concorren ás eleccións.

 

Xunto co programa, o candidato de Ourense Mellor ofrece café aos viandantes.

 

Entre os partidos de sempre non falta o Partido Popular,  o PSdeG ou o Bloque, así como Ourense en Común, Espazo Común, Compromiso por Galicia ou Podemos-EU, pero tamén se fan un oco nestes comicios, grupos de recente creación como VOX, Ourense Mellor ou Vivir Ourense. Todos e cada un deles teñen ata o venres para convecer á poboación, ao tempo que coñece a cidade ou desfruta dunha xornada de compras, de que as súas, son as mellores propostas para a cidade.

 

Flocos de millo no stand do PP.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button