CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

A campaña “Heroes contra o Coronavirus” recala no colexio Pablo VI-Fátima da Rúa

A enfermeira de pediatría do Centro de Saúde da Rúa, impartiu un obradoiro para os alumnos de Infantil, Primaria e ESO

 

Como poñer e quitar a mascarilla ou como lavar as mans (con xabón ou con xel hidroalcohólico), son actos sinxelos pero claves para evitar o contaxio e propagación do coronavirus. Por iso son algunhas das actividades incluídas no obradoiro da campaña Heroes contra o Coronavirus, que na mañá deste xoves 1 de outubro, recalaba no colexio Pablo VI-Fártima da Rúa.

Os primeiros en participar na campaña, que chegará aos 155 centros escolares da provincia de Ourense, eran os alumnos de Infantil na propia aula, despois os de Primaria, no salón de actos e finalmente os da ESO. “Tratamos toda a problemática do coronavirus pero dun xeito moi práctico e lúdico enfocado a cada ciclo escolar”, explica a enfermeira de pediatría do Centro de Saúde da Rúa, Manoli Fernández, encargada de impartir o obradoiro. “Intentamos seguir concienciando á poboación e que estén preparados nas escolas ante un posible caso”, di mentres os cativos poñín en práctica a teoría sobre o lavado de mans, con pintura verde para dedos.

 

Dúas alumnas de primaria co carné antivirus.

 

A idea patrocinada pola Xerencia de Xestión Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco partía do grupo de educación sanitaria “Pupas, sustos e outros desgutos”, coa idea e “achegar a educación sanitaria aos nenos, pero facéndoo dunha forma divertida. Agora adaptámonos á situación e, para servir un pouco de axuda aos profesores, deseñamos esta nova actividade coa que visitaremos os colexios da provincia”, explican.

Trátase dunha “actividade de reforzo, a través de xogos recordámoslle aos nenos que teñen que facer para ser uns verdadeiros heroes fronte ao Covid”, explican dende a organización. Na Rúa, Manoli xa estivo nos tres centros escolares da Rúa (IES Cosme López Rodríguez, CEIP Manuel Respino e Pablo VI-Fátima) e continurá o percorrido polos colexios de Viana, O Bolo, A Veiga, Vilariño de Conso… mentres outra compañeira se encarga da zona do Barco, Rubiá ou Carballeda, ata cubrir toda a comarca.

Fotos: Mónica G. Bellver e cedidas

Artigos relacionados

Back to top button