EconomíaEconomíaOurenseÚltima hora

A campaña “Máis que comercio!” chega ao CCA Couto Centro

[/dropcap]Presentábase na mañá do 2 de setembro na sede deste centro comercial aberto e desenvolverase ao longo do mes setembro[/dropcap]
A directora xeral de Comercio, no acto da presentación da campaña no CCA Couto Centro de Ourense.
A directora xeral de Comercio, no acto da presentación da campaña no CCA Couto Centro de Ourense.

O Couto Centro será un dos catro centros comerciais abertos (CCA) galegos que acollerán a campaña de dinamización comercial “Centros Comerciais Abertos. Máis que comercio!”. O acto de presentación da mesma tiña lugar na mañá do 2 de setembro e contaba coa presencia da directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, e coa do presidente deste CCA ourensán, José Julio Fernández Prol, entre outras autoridades.

Esta campaña busca impulsar as vendas do comercio de proximidade premiando a confianza dos seus clientes. Así durante o mes de setembro as persoas que merquen nos comercios asociados ao CCA recibirán un cupón por cada 5 euros de compra, o que lles permitirá participar nun xogo en liña na web www.maisquecomercio.com. Nesta páxina, votando ao seu establecemento favorito, poderán optar a unha tarxeta regalo de 200 euros e dúas de 100 para mercar no comercio local. Ao remate do mes, o establecemento seleccionado polos clientes que participen na iniciativa, recibirá un recoñecemento público ao seu labor.

Esta iniciativa da Consellería de Economía e Industria está a desenvolverse neste ano nos diferentes centros comerciais abertos de Galicia co fin de destacar os valores do comercio de proximidade como a calidade, o trato ao cliente, a diferenciación e a variedade.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button