EconomíaEconomíaÚltima hora

A campaña “O Peto dos Desexos” adiántase en Allariz

Ademais ese peto vén "máis cheo que nunca e sorteará máis de 5000 euros en premios neste Nadal de 2020-2021, repartidos en 35 vales, 15 vales de 200€ e 20 vales de 100€ para gastar no comercio local de Allariz", din os promotores da iniciativa

Presentación da campaña en Allariz,/ Foto cedida.

 

Este ano a campaña “O peto dos desexos”, que o Concello de Allariz e o Comercio local desenvolven cada nadal, adiántase “para incentivar a adiantar as compras do consumidor local”.
Ademais desta volta, o peto vén “máis cheo que nunca” e sorteará máis de 5.000 euros en premios neste Nadal de 2020-2021, repartidos en 35 vales, 15 vales de 200€ e 20 vales de 100€ para gastar no comercio local de Allariz.

Así se vén de anunciar na presentación da campaña. Neste acto, María López, concelleira de Promoción Económica, Turismo e Comercio, referíase á importancia do consumo local, de proximidade,a o produto de calidade e “á atención personalizada que os nosos comerciantes e hostaleiros dan día a día nos seus establecementos”.

Poderán participar no sorteo da campaña toda persoa, maior de idade, que realice unha compra ou varias por valor mínimo de 30€ nun establecemento comercial ou hostaleiro de Allariz durante os días 16 de novembro de 2020 ata o 6 de xaneiro de 2021 (ambos incluídos).

O sorteo público terá lugar o venres 8 de xaneiro de 2021 ás 11:30h diante do Peto dos Desexos, e será gravado e publicado nas redes do Concello de Allariz e de Comercio e Hostalería.

Esta iniciativa local vén a completar a proposta de Nadal do Concello de Allariz, que contará cun variado programa de actividades e cunha orixinal decoración de Nadal.

Artigos relacionados

Back to top button
Close