EconomíaEconomíaÚltima hora

A campaña “Se ti compras en Viana, todos ganamos” xa ten ganadores

No seu decurso entregábanse máis de 11.000 rifas e mobilizábanse 220.000 euros durante o Nadal, segundo o Concello de Viana

O alcalde de Viana recollendo un dos boletos agraciados, nun dos momentos do sorteo./Imaxe: Concello de Viana do Bolo.

 

De “éxito” cualifica o Concello de Viana do Bolo o resultado da campaña de impulso do comercio local “Se ti compras en Viana, todos ganamos”, que se poñía en marcha o 7 de decembro e prolongábase ata o final das festas de Nadal.

“Por unha banda, contou coa participaron da meirande parte dos negocios e establecementos comerciais da vila e, por outro lado, durante a mesma repartíronse máis de 11.000 rifas, o que supón un gasto nos comercios vianeses durante este Nadal de máis de 220.000 €”, segundo o Concello de Viana, promotor da iniciativa xunto á plataforma www.comproenviana.com.

Os premios da campaña consistía en 3 bonos por importe de 150 €, 100 € e 50 € para gastar en calquera dos establecementos comerciais de Viana, así como en 17 lotes de productos e agasallos doados polos establecementos participantes.

“As persoas gañadoras poderán pasar a recoller os seus premios a partir do martes 12 de xaneiro nas Oficinas do Concello de Viana do Bolo”, tal e como indican dende o Concello. Ademais lémbrase que para recoller o premio será necesario presentar a rifa premiada en bo estado. “No caso de non presentarse a rifa premiada en 15 días naturais dende a publicación do sorteo (10 de xaneiro), o premio pasará ao número suplente”.

Rifas premiadas no sorteo

Foto: Concello de Viana do Bolo.

Artigos relacionados

Back to top button
Close