DeportesFútbol salaSala OurenseÚltima hora

A campaña solidaria do Sala Ourense “Tu ayuda es de 10” recada 12.357,50 euros

No proxecto colabora tamén a Asociación Amencer e seis empresas

O proxecto solidario “Tu ayuda es de 10” promovido polo Sala Ourense en colaboración coa Asociación xuvenil Amencer e que contou coa presenza de 6 empresas implicadas no proxecto: Aceites Abril, Gadis, Galifresh, Carglass, Maxibebé e Centro Médico O Carmen, recadou 12.347,50 euros.

 

 

Ás 12:00 h desta mañá de 9 de xullo, no Colexio Salesianos, sede da Asociación Amencer celebrouse un pequeno acto, no que o presidente do Sala Ourense, dedicou unhas palabras de agradecemento ás entidades que colaboraron no proxecto.

Posteriormente realizouse a foto oficial con todos os produtos, de necesidades básicas, que foron mercados coa recadación e que irán destinados a numerosas familias ourensás, con representantes das empresas por parte de Aceites Abril (Marta Pérez Canle), Gadis (Carlos González), Carglass (Andrés Cotobad e Luís Iglesias), Asociación Xuvenil Amencer (Xulio Iglesias e Xulio Vilar), Galifresh (Miguel de la Torre)
e polo Sala Ourense (Víctor Sousa).

Artigos relacionados

Back to top button
Close