PolíticaÚltima hora

A campaña “#ValdeorrasExiste” das Xuventudes Socialistas, na feira de Viloira

Neste acto participaba tamén o secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG), Nabor González
O secretario xeral das XSG, Nabor González, con Adrián Borrajo e Robero Macías, das Xuventudes Socialistas do Barco./ Foto: A.R.

 

Continúan as accións de difusión da campaña “#ValdeorrasExiste”, realizada polas Xuventudes Socialistas do Barco. Tras un primeiro reparto de folletos e carteis no Malecón do Barco, que “tivo moi boa acollida”, segundo Adrián Borrajo, secretario xeral desta formación; na mañá do 6 de abril tiña lugar un novo acto, desta volta no marco da feira mensual de Viloira, para difundir esta campaña.

As Xuventudes Socalistas contaban cunha carpa, instalada nas proximidades da ponte de San Fernando, na que tiña lugar o reparto. Neste acto participaban Adrián Borrajo, acompañado polo secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG), Nabor González, ademais de polo secretario de organización barquense, Roberto Macías.

Nabor González amosou o apoio a das XSG a esta iniciativa “dos compañeiros de Valdeorras”, destacou o esquecemento que existe desta comarca nas administracións. Tamén criticaba a reforma da Lei de Saúde de Galicia, que supón a desaparición da área sanitaria do Barco e o destinado nos orzamentos do Estado para a zona.

De xeito semellante se manifestaba, o secretario das Xuventudes Socialistas do Barco, Adrián Borrajo, quen lembrou os obxectivos desta campaña que incide “no abando do de Valdeorras, o PP castiga á nosa comarca alí onde goberna”. Nela incídese en cuestións como a situación da sanidade pública, do transporte público (tren a autobús) ou das infraestruturas, con especial referencia ao mal estado da N-120 ou á estrada de San Vicente, ademais de pedir que se impulse a A-76 e a estrada de circunvalación do Barco.

Borrajo adianta que haberá novos repartos de folletos desta campaña noutros puntos da comarca, como é o caso da Rúa.

 

Artigos relacionados

Back to top button