PolíticaÚltima hora

A candidata do BNG por Ourense, Noa Presas, na concentración convocada no Hospital de Verín

Neste xoves tamén se reunía coa directora do Centro de Día A Raiola desta vila e con familiares dos seus usuarios

 

A cabeza de lista do BNG por Ourense nas eleccións galegas, Noa Presas, e o tenente alcalde de Verín e tamén candidato, Diego Lourenzo, mantiñan neste xoves 11 de xuño un encontro coa directora do Centro de Día A Raiola e familiares dos seus usuarios para avaliar a situación. A candidata ao Parlamento destacou que as mulleres non poden volver a ser as que paguen as crises económicas deixando de lado as súas vidas e dedicándose ao coidado de maiores e crianzas.

“A día de hoxe non hai un plan de desescalada mentres que en maio xa había un pactado co sector e a Xunta desdiciuse das súas propias previsión” , dicía Presas. Para a formación nacionalista precísanse plans de desescalada máis ambiciosos, así como que se permita unha apertura dos Centros de Día “que sexa gradual e á medida”, onde “a Xunta teña un papel activo para apoiar ao sector”. A candidata do BNG aseguraba que o goberno galego “abandonou durante toda a crise da pandemia a estes centros”.

Desde o BNG volveron reclamar unha corrección inmediata da decisión da Xunta de continuar cos centros pechados e rexeitaron a opción anunciada por Feijóo de pedir cita previa para acudir aos centros. “A Xunta ten que facer unha desescalada planificada e dialogada co sector”, indicía Presas.

 

 

Na súa visita a Verín, Presas tamén participaba na concentración convocada no Hospital Comarcal de Verín, acompañada pola candidato e tenente de alcalde, Diego Lourenzo, e o candidato Eugenio Quintas. ”Entendemos que neste contexto de recuperación da actividade sanitaria, despois dos momentos máis intensos da crise do coronavirus, o que precisa o noso sistema sanitario é un reforzo de todo o persoal”, indicaba Noa Presas. E engadía que a cancelación das citas médicas precisa que se amplíen as horas de consulta “tanto na Atención Primaria, como nas especialidades para corrixir estes meses de parón”.

Artigos relacionados

Back to top button