Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

A candidata popular á alcaldía do Barco, Sabina Aguado, presenta o seu programa

O PP barquense convocaba á prensa nun “café informativo” para dar a coñecer as principais liñas do seu proxecto e para criticar a xestión do actual goberno municipal

“Temos un programa que abrangue a maior parte das cuestións que inquietan aos barquenses, fronte ao partido socialista cuxo proxecto está esgotado”. Desta maneira se refería o número 2 da candidatura do PP no Barco, Carlos Crespo, ao programa co que esta formación política se presenta ás vindeiras eleccións municipais. Ao mesmo tempo, Crespo criticaba “o abandono nestes vinte anos do Salgueiral”, así como a perda de poboación “que temos dende hai cinco anos, algo do que parece non terse dado conta o goberno municipal, xa que non tomou ningunha medida”, engadía.

Estas declaracións tiñan lugar no marco dun “café informativo” no que o PP do Barco convocaba á prensa na tarde do 20 de maio. Nel tamén interviña Enrique Pérez Roca, número 9 da candidatura, quen se amosaba tamén crítico coa xestión do goberno municipal en cuestións como a piscina climatizada, os problemas co alumeado público, “os vertedoiros incontrolados en diversos lugares da vila e das aldeas”, entre outras. “O seu proxecto está esgotado, é necesario un cambio”, resaltaba.

Neste senso, a candida á alcaldía do PP no Barco, Sabina Aguado, expoñía as principais medidas que esta formación inclúe no seu programa electoral, facendo especial fincapé “nos servizos básicos para solventar os problemas de iluminación, de limpeza de todo o pobo porque está moi sucio”. Tamén defendía a baixada do “tramo do IBI que lle corresponde ao Concello”, o apoio ás empresas, autónomos e emprendedores, a bonificación das licenzas, a dinamización do polígono industrial e a posta en valor da terra improdutiva.

Aguado resaltaba ademais a importancia de poñer en valor os recursos turísticos, “algo no que nada se ten feito nestes últimos 20 anos”, poñendo o foco no Camiño de Inverno; da aposta polas infraestruturas e do impulso ao deporte, “tanto profesional como saudable, cunha cidade deportiva”.

A cabeza de lista popular tamén propón unha “nova forma de relacionarnos cos veciños e que os pedános teñan unha asemblea para trasladarlle ao Concello as súas necesidades”. Sabina Aguado di que “nestes 20 anos non se ten movido un dedo por traer riqueza a este pobo. Nós comprometémonos a traballar para que O Barco teña unha proxección de futuro”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button