OurenseÚltima hora

A candidatura da Ribeira Sacra será avalada polo comité da Unesco en China no 2021

Ribeira Sacra./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A 87ª reunión do Consejo de Patrimonio Histórico analizaba esta mañá as candidaturas españolas a Patrimonio da Humanidade, entre as que se inclúe a proposta de Galicia para a Ribeira Sacra, que serán avaliadas na próxima sesión do Comité do Patrimonio Mundial que se celebrará en China no verán de 2021. Neste encontro participaba a directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Insua, participou hoxe na reunión do Consejo de Patrimonio Histórico.

Así, co obxectivo de que esta paisaxe cultural da provincia de Lugo e Ourense sexa incluída na prestixiosa Lista do Patrimonio Mundial durante a vindeira celebración da 44ª sesión estendida do Comité, a Xunta de Galicia vén desenvolvendo un intenso traballo técnico, impulsado pola da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, para acreditar e defender os valores sobranceiros deste territorio.

A candidatura da Ribeira Sacra está actualmente na súa última fase e nuns meses clave nos que a Xunta de Galicia, co fin de conseguir a declaración, está estreitando o contacto cos examinadores da UNESCO, que recentemente tiveron a oportunidade de trasladarse ata o territorio para comprobar a súa importancia cultural, patrimonial e paisaxística.

Na sesión celebrada hoxe, e na que tamén participou o embaixador de España ante a UNESCO, Juan Andrés Perelló, así como representantes de diferentes comunidades, tamén se confirmou que no vindeiro ano presentarase a candidatura conxunta de Portugal e Galicia Ponte…nas ondas! para a súa inclusión no Rexistro de Boas Prácticas de Salvagarda da UNESCO. Trátase dun proxecto no que a Comunidade galega e as rexións lusas de Minho, Trás-os-Montes e Douro e que está dirixido a poboación escolar e que está impulsado por unha asociación de profesores co obxectivo de promover a integración do patrimonio cultural, dos coñecementos tradicionais e dos rituais festivos no ámbito escolar.

 

A directora xeral de Patrimonio Cultural durante a 87ª reunión do Consejo de Patrimonio Histórico.

 

Comisión interdepartamental da Ribeira Sacra

A actuación da Administración autonómica para que o territorio da Ribeira Sacra se incorpore a Lista do Patrimonio Mundial iniciouse no ano 2015 e recibiu un importante impulso no ano 2018 coa declaración como ben de interese cultural (BIC) coa categoría de paisaxe cultural poñendo de manifesto o valor excepcional e sobranceiro desta zona de Lugo e Ourense. Incluíse neste recoñecemento outros bens e manifestacións que complementan o seu sentido e valor cultural, así como á zona de amortecemento como medida de reforzo das condicións para a súa salvagarda.

Ademais agora vén de constituirse a Comisión Interdepartamental da Ribeira Sacra, un organismo no que participan sete consellerías e que permite continuar avanzando coas máximas garantías no desenvolvemento da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade, co obxectivo de que o territorio obteña este recoñecemento que en Galicia xa teñen a Cidade vella de Compostela, os Camiños de Santiago, tanto Francés como os do Norte, a Muralla de Lugo e a Torre de Hércules.

Artigos relacionados

Back to top button