Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

A candidatura do BNG da Rúa íspese para defender o encoro de San Martiño

Realizaba un acto lúdico e reivindicativo no Aguillón, entrando nas augas do Sil con pancartas para demandar a súa limpeza

Dun xeito lúdico e orixinal reivindicaba no mediodía do 19 de maio o BNG da Rúa a limpeza do encoro de San Martiño. Boa parte dos membros da candidatura coa que se presentan ás eleccións municipais do vindeiro 26 de maio espíase e entraba nas augas do encoro na zona do Aguillón con pancartas.

“Esta é unha metáfora coa que queremos dar a entender que Iberdrola déixanos espidos para levar fóra todo o que produce aquí”, aseguraba a candidata nacionalista á alcaldía ruesa, María Albert. “Queremos amosar o desleixo de Iberdrola e tamén da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil coa limpeza deste encoro que ten moitísimas posibilidades que, de estar limpo, se poderían aproveitar como é o caso de ser unha zona de baño en condicións, a de poder acoller probas de nado ou competicións de piragüismo tamén nas condicións axeitadas. Desvincúlanse da limpeza do río e de toda a contorna, cando lles pertence esa responsabilidade ecolóxica que non están a executar”, engadía.

 

 

 

 

María Albert aseguraba asemade que “non podemos permitir a marcha de Iberdrola da Rúa, nin tampouco a postura da Xunta que no Parlamento, ante unha pregunta do BNG asumiu totalmente a posición da empresa”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button