EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaViticultura

A cantante Eva Amaral, pregoeira da XLI Feira do Viño de Amandi, en Sober

O seu pregón está previsto para o vindeiro 11 de agosto ás 12:00 horas na Praza do Concello

Eva Amaral./ Cedida.

 

Eva Amaral, a cantante, compositora e música española, integrante do grupo de rock ‘Amaral’ será a pregoeira da XLI Feira do Viño de Amandi, que se vai celebrar na localidade os días 11 e 12 de agosto. Así o vén de anunciar o Concello de Sober.

O seu alcalde, Luis Fernández Guitián, agradece que a música e compositora, vinculada familiarmente coa Ribeira Sacra desde hai anos, decidira aceptar o convite para ler o pregón, que pronunciará o vindeiro 11 de agosto ás 12h. na Praza do Concello.

O foberno local recorda que un dos seus últimos vídeoclips, ‘Halconera’ foi gravado integramente nas paisaxes do Canón do Sil alcanzando un gran éxito a través de Youtube e das redes sociais. Amaral ten compartido ademais en varias ocasións imaxes na Ribeira Sacra, axudando así na súa promoción como destino turístico de natureza.

“Cremos que Eva é unha persoa vinculada á Ribeira Sacra e moi coñecida e recoñecida, polo que nos seguirá axudando a que a nosa cita co mundo do viño siga facéndose máis e máis grande a pesar das circunstancia e das limitacións sanitarias ás que temos que darlle cumprimento”, resume o rexedor.

Artigos relacionados

Back to top button