CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

A cantareira da seitura de Lentellais, Antonia Fdez. Prieto, recibe a súa Medalla de Ouro da Real Banda de Gaitas

Entregábanlla na mañá do 4 de xaneiro nun acto celebrado na Residencia da Terceira Idade do Bolo

Na tarde do 27 de decembro, as Cantareiras da Seitura de Lentellais (O Bolo) eran homenaxeadas no Concerto de Nadal que a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense daba na igrexa de Larouco. Nese acto, ao que asistía numeroso público, dúas das cantareiras, Jacinta Prieto Alonso e Asunción Fernández Cueto, recibían a Medalla de Ouro da Real Banda de mans dos alcaldes de O Bolo Manuel Corzo e de Larouco Joaquín Prieto.

A terceira integrante do grupo, Antonia Fernández Prieto, non pudo asistir por problemas de saúde e hoxe, 4 de xaneiro recibía a súa medalla. A entrega tiña lugar na Residencia da Terceira Idade de O Bolo, de mans do concelleiro José Vega, trala actuación da Escola de Gaitas do Concello que vén de recibir parte do uniforme.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close