Galerías de fotosOurenseÚltima hora

A canteira dos Ecovixiantes de Franciscanas traballa na horta escolar

 

Maio é o mes das flores por excelencia e no colexio Franciscanas de Ourense, conmemórano dun xeito moi orixinal, educativo e práctico. Os pequenos de 4°de Infantil están inmersos no proxecto “As Flores”, facendo un bonito Maio coa súa profesora María Fernández.

Tamén está activa a horta escolar, impulsada polo director do centro José Antonio Álvarez e polo profesor Gonzalo Sánchez, Lalo, e posta en marcha polo alumnado de 1º de Bacharelato, dende a materia de Voluntariado. Nela, os máis pequenos plantaron esta semana perexil e cenoria.

 

Fotos cedidas

Artigos relacionados

Back to top button