Galerías de fotosÚltima hora

A Caravana Bolechas fai parada no Barco

A valdeorresa foi a primeira das nove vilas que percorrerá a familia de debuxos creada por Pepe Carreiro

A praza do Concello do Barco de Valdeorras, era a primeira parada da Caravana Bolechas, que comezaba na mañá do sábado 11 de abril a súa xira por nove localidades da provincia de Ourense.

Ao longo de toda a xornada, os cativos da vila achegáronse ata o autobus da coñecida familia de debuxos, cheo de xogos e actividades para toda a familia: obradoiros de debuxo e chapas, karaoke, ludoteca, aula de informática, xogos interactivos karaoke, animación e ata cine.

Esta iniciativa de dinamización infantil, promovida pola Deputación de Ourense, pretende dar a coñecer entre os máis novos a riqueza natural, patrimonial e cultural que ofrece a súa provincia. A caravana continuará o seu percorrido mañá domingo 12 de abril na praza de Abastos da Pobra de Trives. O luns 13 estará na praza García Barbón de Verín; o martes 14 na praza Carlos Casares de Xinzo de Limia; e o mércores 15 na praza da Constitución de Bande. O xoves 16 a Caravana Bolechas recalará en Celanova; o venres 17 na praza Maior de Ourense; o sábado 18 no Carballiño; e o domingo 19 de abril remata a xira nos Jardinillos de Ribadavia.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button