EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

A “Caravana do Amandi” visita Escairón, no concello do Saviñao

A XXXIX Feira do Viño de Amandi celebrarase os días 13 e 14 de abril en Sober

Este ano a Feira do Viño de Amandi que se celebrará na fin de semana do 13 e 14 de abril está adicada ao concello do Saviñao, polo que o Goberno local de Sober decidiu que a segunda parada da “Caravana do Amandi” fóra de Sober se fixera neste municipio da Ribeira Sacra.

Así, na mañá do 8 de abril a comitiva chegaba a Escairón, coincidindo co seu día de feira e alí, o equipo de Goberno local, encabezado polo alcalde Joaquín González, brindou co alcalde de Sober Luis Fernández Guitián.

Anteriormente, a oficina de turismo ambulante do Concello de Sober estivo en Lugo.

Fotos: Concello de Sober.

Artigos relacionados

Back to top button