En portadaÚltima hora

A caravana do Enbhiga visita Seadur (Larouco) e Trives

Este encontro internacional de gastronomía, que percorrerá a provincia ata o 19 de outubro, reúne a uns 20 chefs de ata 10 países distintos, tour operadores e prensa especializada

Ponse en marcha o IV Encontro Bioceánico Hispano de Gastronomía, o primeiro que pisa Europa. A súa caravana , inicialmente cuns 40 participantes (se ben irán medrando ata chegar aos 70), comezaba o percorrido pola provincia de Ourense este martes 15 de outubro polas comarcas de Valdeorras e Terras de Trives.

Así arredor das dúas e media da tarde uns vinte chefs (de países como Arxentina, Perú, Estados Unidos, Canadá, Chile, Italia ou España), ademais de tour operadores e prensa especializada internacional, facían a súa primeira parada nesta viaxe pola gastronomía e polos recursos culturais e turísticos da provincia. Detíñanse en Seadur (Larouco) para visitar unha das súas covas onde degustaban diversos produtos gastronómicos como empanada ou callos, acompañados por viños naturais da adega valdeorresa La Perdida: godello, mencía, garnacha, un escumoso e un viño doce.

 

 

Ademais dende a organización de Enbhiga entregabáselle un recoñecemento á alcaldesa de Larouco, Patricia Lamela, e ao adegueiro Nacho González de mans do xornalista arxentino Carlos Hidalgo, con antepasados galegos.

Despois continuaban traxecto ata a Ponte Bibei, na que facían un brinde para conmemorar os 1.900 anos desta ponte romana, considerada unha das mellor conservadas de Hispania. A continuación dixiríanse ata Trives, e máis en concreto ao Restaurante La Viuda. Alí Anxo Trives presentaba as actividades previstas, entre elas, varias elaboracións propias da zona coa participación dos chefs asistentes ao Enbhiga.

 

 

Comezábase preparando unha bica de Trives, da man de Sayoa Caneda, a cuarta xeración familiar dedicada á elaboración deste saboroso doce na Panadería Caneda. Logo preparábase un caldo galego e, finalmente unha empanada.

Posteriomente, os participantes podían coñecer e probar diversos produtos da zona como é o caso da propia bica de Trives, embutidos variados, castañas secas da Coopertiva Amarelante de Manzaneda, así como os viños da Adega D’Berna (D.O. Valdeorras), de Chao do Couso e da Corga (ambas en Trives e dentro da D.O. Ribeira Sacra).

Esta cuarta edición da Enbhiga, que promove Cociña Ourense co apoio da Deputación e doutras entidades e empresas, prolongarase ata o vindeiro 19 de outubro. O seu percorrido continuará mañá por Castro Caldelas e chegará ata a cidade de Ourense.

Fotos: Carlos G. Hervella, agás as sete últimas da galería que son cedidas.

Máis información e fotos:

https://www.osil.info/entrega-de-diplomas-e-visita-guiada-como-broche-da-xornada-do-enbhiga-en-trives/

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close