ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A carne protagoniza o Día do Pilar en Montederramo

A XXII edición da festa gastronómica, organizada polo Concello, reuníu a centos de persoas

Preto de 800 quilos de carne de tenreira, preparada en empanada, ao caldeiro e richada. É o ingrediente central da Festa da Carne que dende hai 22 anos centra a celebración do Día do Pilar en Montederramo, uns festexos que non deixou de medrar ata chegar ao milleiro de asistentes. Os mesmos que no mediodía do 12 de outubro enchían a carpa instalada na praza, entre eles o alcalde, Antonio Rodríguez.

Un ano máis, o concello ourensán de alta montaña vestiuse de gala para ensalzar un dos seus produtos estrela con xantar, música e un concurrido mercado onde atopar todo tipo de pezas artesanais, produtos de tempada, roupa, calzado…

Os festexos comenzaban pola mañá coa apertura dos postos da feira e a animación musical da banda de gaitas e da charanga. E xa en torno ás 13 horas habríase a carpa para comezar o apartado gastronómico coa degustación da tenreira. Un abundante menú acompañado por pan e bica artesanal, e regado con viños da D.O. Ribeira Sacra.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button