DeportesGalerías de fotos

A carreira do San Martiño acada un novo récord

O ourensán Alejandro Fernández gana, por segundo ano consecutivo, a proba atlética de Ourense que contou con máis de 11.000 inscritos

Fiel ao refraneiro popular que fai referencia ao “veraniño de San Martiño”, a 37ª edición da carreira popular pedestre de referencia na provincia e en toda Galicia, desputábase o pasado domingo 17 de novembro en Ourense. Cunha temperatura axeitada para correr, preto de 5.000 participantes tomaban a saída da carreira absoluta na Ponte do Milenio. Finalmente máis de 4.500 cruzaban a liña de meta. Todos despois do ourensán Alejandro Fernández do club New Balance que por segundo ano consecutivo subía ao máis alto do podio. O segundo posto foi para Lolo Penas e o terceiro para Miguel Ribeiro.

Na categoría feminina, a ganadora foi Patricia Mendes, seguida por Andreia Santos e Paula Mayobre.

Á parte da carreira estrela, de 10 quilómetros por toda a cidade, preto de 3.000 nenos participaron nas probas escolar e infantil, convertendo a proba nunha verdadeira festa deportiva na cidade das Burgas.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button