DeportesÚltima hora

A carreira do San Martiño quenta motores

A proba que se celebrará o 16 de novembro en Ourense, conta xa con máis de 10.000 inscritos
Participantes na pasada edición da San Martiño. /Foto: Carlos G. Hervella.
Participantes na pasada edición da San Martiño. /Foto: Carlos G. Hervella.

A Carreira Popular Pedestre do San Martiño, a proba atlética de referencia na cidade de Ourense, chega este ano á 38ª edición mantendo o ritmo de inscritos do pasado ano, na que foi “a carreira con máis participación da nosa comunidade” explican dende o Consello Municipal de Deportes de Ourense, engadindo que “a falta de tres días para o remate do prazo de inscrición (o domingo día 9), hai xa 10.111 atletas rexistrados, nas tres modalidades”.

A proba celebrarase o domingo día 16 de novembro, a partires das 11h. con tres percorridos: 10 quilómetros para a categoría de adultos, 4,7 quilómetros para a de escolares (saída ás 12:30h.) e 1,4 quilómetros para a de cativos (saída ás 13:15h.).

Entre as principais novidades desta edición está o custe da inscrición en categoría de adultos, de 3 euros para os participantes que se inscribiron durante o mes de outubro, e 5 euros para os inscritos en novembro. Tamén haberá un novo premio para os atletas que crucen en primeiro lugar na metade da proba (quilómetro cinco). Asemade, esta 38ª edición será a primeira con caixóns de saída, en función das marcas dos atletas na San Martiño 2013: caixón negro para marcas inferiores a 35 minutos (homes) e 40 minutos (mulleres), vermello (entre 35 e 40 minutos), amarelo (entre 40 e 48 minutos) e verde, para o resto.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button