DeportesÚltima hora

A carreira nocturna de Quiroga reuníu a uns 300 participantes

Juan Estevan Paredes e Ludy Quintas impuxéronse na IV Night Trail

1:08:33 horas foi o tempo que tardou Juan Estevan Paredes Ortiz en completar os 17 quilómetros do Trail Night de  Quiroga, converténdose no gañador da IV edición que reunía a 305 corredores na noite do sábado 6 de xullo.

Cunha importante participación local, un dos obxectivos que perseguían dende o Concello, organizador da proba, a  espectacular saída tiña lugar ás 22:30h. dende a praza de España, e os participantes foron chegando ao longo da noite. Na categoría feminina a primeira en cruzar a liña de meta foi Ludy Quintas Devesa, cun tempo de 1:47:32. Con respecto ao trail de 10 quilómetros, a outra das rutas, en homes impúxose Adrián Blanco Diéguez, que empregou 43:09 minutos en acometer o circuíto; e en mulleres, a máis rápida foi Sonia Méndez Pérez, cun rexistro de 51:33 minutos.

Antes da saída, houbo unha sesión de zumba-fitness e na chegada “os participantes tiñan unha comilona para repoñer forzas”, explican dende a organización, apuntando que o 80% do traxecto transcorreu por pistas e carreiros, evitando na medida do posible o asfalto, “un percorrido que fixo que os participantes puidesen gozar dunha espectacular estampa nocturna do val de Quiroga nunha noite de temperaturas moi agradables”.

Fotos: Diario de Quiroga e cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button