DeportesÚltima hora

A Carreira Popular do San Martiño 2021 abrirá mañá o prazo de inscrición

A 44ª edición da decana das probas populares en Galicia celebrarase o domingo 14 de novembro pola rúas de Ourense

Participantes na San Martiño 2019, pasando pola Ponte Romana. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

A carreira pedestre popular do San Martiño 2021 abre o seu prazo de inscrición. Desde mañá, venres, día 22 de outubro, será posible apuntarse na carreira e consultar toda a información, a través da páxina web www.asanmartino.com.

A proba, decana e referente entre todas as populares que se desenvolven en Galicia, celebrará a súa 44ª edición o domingo 14 de novembro, logo da ausencia de proba física celebrouse un evento solidario- por causa da COVID en 2020. Deste xeito, esta gran festa do deporte popular na cidade enmárcase na programación de actividades que desenvolverá o Concello pola celebración do patrón da cidade, San Martiño.

O Consello Municipal de Deportes tamén habilitou unha aplicación móbil para que os deportistas poidan inscribirse e consultar toda a información, actualizacións e avisos en relación co desenvolvemento da proba. A App pódese descargar desde a propia páxina web da carreira ou desde as plataformas Android e IOS.

Artigos relacionados

Back to top button