Andainas-Trails-OrientaciónCD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

A Carreira valdeorresa contra o Cancro de Páncreas suma o apoio do CD Barco

Esta proba solidaria abría nesta semana as inscricións nas súas diferentes modalidades

Plantel do CD Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

O CD Barco únese ao proxecto solidario da IV Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas de Valdeorras, que promove ACAPAVAL (Asociación de Cancro de Páncreas de Valdeorras). Así o demostraba no partido que se iniciaba en Calabagueiros ás 19:30h. deste sábado, no que o conxunto local vestía as camisetas desta carreira benéfica, que se desenvolverá do 18 ao 21 de novembro. Deste xeito farase coincidir coa semana do Día Mundial do Cancro de Páncreas, como xa sucedera o pasado ano.

Esta iniciativa, incluída no proxecto estatal da Carreira das Cidades (promovido por ACANPAN e AESPANC),manterá o formato virtual do pasado ano (con aplicación incluída), é dicir,o participante poderá elixir o horario no período establecido para a proba correndo, andando ou en bici.

As inscricións xa están abertas e, ao realizalas, os participantes deberán seleccionar, dentro do apartado de lugares das carreiras, a de Vilamartín. Ademais dende a organización recoméndase que para “garantir a aplicación, a camiseta e o dorsal personalizado, se realicen as inscricións antes do 5 de novembro”.

Máis información:
https://carreracancerpancreas.es/carrera-virtual/

Artigos relacionados

Back to top button