SanidadeÚltima hora

A Carreira valdeorresa contra o cancro de páncreas supera as 300 inscricións e segue sumando apoios

Publicidade
Plantel do CD Rúa coa camiseta da Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas./ Cedida.

 

Máis de 300 persoas teñen realizado xa a súa inscrición para a IV Carreira das Cidades valdeorresa contra o Cancro de Páncreas que se celebrará, de xeito virtual, na fin de semana do 18 ao 21 de novembro.

Esta iniciativa solidaria, incluída no proxecto estatal da Carreira das Cidades (promovido por ACANPAN e AESPANC), manterá deste xeito o formato virtual do pasado ano (con aplicación incluída), é dicir,o participante poderá elixir o horario no período establecido para a proba correndo, andando ou en bici.

As inscricións continúan abertas e, ao realizalas, os participantes deberán seleccionar, dentro do apartado de lugares das carreiras, a de Vilamartín.

Ademais esta proba continúa sumando adhesións en diferentes probas deportivas, así no pasado mes os planteis de Pizarras Los Tres Cuñados FS e do CD Barco vestían a camiseta morada da carreira, e en novembro vén de facelo o equipo do CD Rúa.

Máis información:
https://carreracancerpancreas.es/carrera-virtual/

 

Artigos relacionados

Back to top button