ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A carroza dos Magos de Oriente, na vila de Manzaneda

 

Ás cinco da tarde do 5 de xaneiro Melchor, Gaspar e Baltasar achegábanse ata Manzaneda. Alí percorrían en cabalgata (saíndo dende o polideportivo) a vila e tamén facían unha paradiña na residencia da terceira idade para reunirse cos maiores.

Despois a carroza real seguía traxecto ata o espazo de lecer, contando coa colaboración de Protección Civil. Unha vez alí os Reis Magos reuníanse cos máis pequenos. Despois de saudalos e entregarlles agasallos, tiña lugar un espectáculo de maxia a cargo do Mago Nico. Seguidamente, nenos e maiores saboreaban unha chocolatada.

Fotos: Protección Civil de Manzaneda.

Artigos relacionados

Back to top button