SanidadeÚltima hora

A Casa Consistorial do Barco tinguirase de verde en apoio aos efermos de ELA

Con esta medida o Concello secunda a convocatoria realizada pola Asociación Galega de Esclerose (AGAELA) para a noite do sábado

A fachada da Casa Consistorial do Barco volverá a iluminarse de verde./ Foto: A.R.

 

Desde as dez da noite de mañá sábado 20 de xuño e ata ás 2 da madrugada do domingo, a fachada da Casa Consistorial do Barco estará iluminada de cor de verde. Trátase dun xesto solidario de apoio aos enfermos de ELA co que o Concello do Barco secunda a convocatoria realizada pola Asociación Galega de Esclerose (AGAELA) e pola Fegamp (Federación Galega de Municipios e Provincias).

“A ELA (Esclerose Lateral Amiotrófica) probablemente sexa unha das enfermidades máis devastadoras ás que se pode enfrontar calquera persoa e calquera familia”, asegúrase no texto da convocatoria #LuzporlaELA, por iso dende esta a asociación e a Fegamp consideran “fundamental darlle visibilidade e que a sociedade comprenda a que se enfrontan os enfermos e as súas familias ante este fatal diagnóstico”.

Esta iniciativa de visibilización leva organizándose dende hai xa dous anos coincidindo co Día Internacional da ELA, 21 de xuño. Nesta ocasión, o obxectivo da asociación é chegar a máis persoas para que “aquelas que aínda non coñecen a ELA poidan facelo”.

Artigos relacionados

Back to top button
Close