CulturaCulturaÚltima hora

A Casa da Cruz de Córgomo, onde naceu Florencio, estrea un mural pintado sobre madeira

Foi realizado polo artista vilamartinés Xandre e recrea como era antigamente o patio interior desta casa

Publicidade

 

A Casa da Cruz de Córgomo (Vilamartín de Valdeorras), na que nacía en 1903 o poeta Florencio Delgado Gurriarán, está sendo restaurada e loce dende este domingo un fermoso mural pintado sobre a madeira do portón que dá acceso ao seu patio interior.

 

 

Nel recréase como era antigamente o patio desta casa de época. “Neste patio era onde secaban o millo. Quería representalo tal e como era na etapa na que a casa estaba habitada, botando man dunha foto antiga e tamén informándonos e recollendo o que nos contou a xente maior”, explica o artista vilamartinés Xandre, autor desta obra.

 

 

No mural, elaborado neste domingo, empregouse a pintura de esmalte en spray, pero tan só en tonos branco e negro. Deste xeito, a obra contrasta de maneira notable coa pedra, o característico conglomerado vermello valdeorrés, cun resultado moi chamativo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Xandre, pintando o mural este domingo./ Cedida.

 

O mural xa rematado, no portón coroado polo escudo familiar, que dá acceso ao patio da Casa da Cruz en Córgomo./ Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button