CulturaCulturaÚltima hora

A Casa da Cultura da Rúa acolle a mostra coas fotos do V e VI concurso “Olladas de igualdade”

 

Dende hoxe e ata o 30 de agosto, permanecerán expostas no recibidor da Casa da Cultura da Rúa, as fotografías participantes na V e VI edición do concurso “Olladas de Igualdade”, convocado polo Concello con motivo doa conmemoración do 8 de marzo.

Na V edición, o primeiro premio foi para a fotografía “Agora e sempre” de Marina Puga Alonso da Rúa;  o segundo para “Olládenos”, de Luis Prada Ferrer, do Barco; e o terceiro para “Xuntos e iguais, máis fortes” de Javier Rodríguez Tato, do  Barco.

Na VI edición, o primeiro premio foi para a fotografía que leva por título “Igualdade de condicións”, do barquense Arsenio Blanco Gayoso; o segundo premio para a fotografía “Protexendo a igualdade”, do rues Álvaro Rodríguez Pérez; e o terceiro premio para a fotografía co lema “Imos mariscar”, do tamén barquense Sindo Novoa.

A mostra poderase visitar no horario habitual de verán, de luns a venres, de 9 a 14 horas e dende o Concello lembran que “se acodes a visitala hai que cumprir con todas as medidas de protección fronte ao Covid”. Á entrada hai un dispensador de xel hidroalcohólico.

Fotos:  Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button