CulturaCulturaÚltima hora

A Casa da Cultura de Quiroga acollerá este sábado o espectáculo navideño “Un Paxe Real en Apuros”

Trátase dunha actuación organizada pola Mesa pola Normalización Lingüística na zona de Lemos

 

Aproveitando estas datas de Nadal e coa idea de levar, de forma rotativa, esta acción de dinamización do galego a concellos do sur de Lugo, a Mesa pola Normalización Lingüística na zona de Lemos organiza, por terceiro ano consecutivo, unha actividade infantil, que nesta ocasión se achega ata Quiroga.

Así, pois, a Casa da Cultura quiroguesa acollerá o vindeiro sábado 4 de xaneiro ás 18h. o espectáculo Un Paxe Real en Apuros, de Caxoto Contacontos.

 

 

O conto trata a historia dun axudante dos Reis Magos que chega a Quiroga para abordar as tradicións do Nadal dende o humor e os contos. Trátase dun histriónico paxe que está pasando por unha das épocas máis complicadas e estresantes do ano xa que nestes días non ten descanso: mirar quen se portou ben ou mal, ler todas as cartas, envolver agasallos, acompañar aos Reis para repartir agasallos… Este paxe está ao borde do colapso cos nervios a flor de pel e un sono que o leva a quedar durmido en calquera recuncho…

Neste contexto, o Paxe Real falará do que hai que facer na noite de Reis: deixarlles de comer aos camelos e aos Reis, a necesidade de non deixar cousas polo medio no chan, e menos un patinete ou mondas de plátano… e, por suposto, non esquecer cepillar ben os dentes e ir mexar antes de deitarse.

Artigos relacionados

Back to top button