ConcellosTrivesÚltima horaVídeos

A Casa do Concello de Trives ilumínase de violeta para conmemorar o 25N

 

De violeta iluminábase xa na noite do 23 de novembro a Casa do Concello da Pobra de Trives no marco da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o vindeiro 25 de novembro.

“O grupo de goberno do Concello procedía onte ao encendido do alumeado en violeta da fachada da casa consistorial abrindo así a semana contra a violencia de xénero. #25N Un balcón engalonado con globos negros porque #ennegrocontraasviolencias”, indica o Concello de Trives que aposta por “un compromiso real e firme na loita contra esta lacra” e na “defensa da muller”.

Fotos e vídeo cedidos.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close