OurenseÚltima hora

A Casa dos Poetas de Celanova acolle a mostra “Escolma de gravados”, de Xosé Poldras

Poderase visitar ata o vindeiro día dezanove de setembro

A Casa dos Poetas de Celanova acolle ata o vindeiro 19 de setembro unha mostra cunha “Escolma de gravados”, do artista ourensán Xosé Poldras. A mostra consta de 12 gravados de formato grande e medio, con matrices de diferentes técnicas. Poden verse “xilografías, colografías, buril, gofrados, iluminacións a man, monotipos, e “manera negra”, así como diversas cores, iso si, predominando unha elección sobria”. O horario de visita é de martes a sábado, de 10:00 a 14:00 horas, e de 14:00 a 19:00 horas.

 

Cartaz da mostra.

 

Esta exposición continúa unha serie de colaboracións que Xosé Poldras está a realizar coa Fundación Curros Enríquez, tras impartir un obradoiro de poesía visual no mes de febreiro e a posterior mostra dos traballos realizados. En setembro presentará un novo traballo relacionado con Celso Emilio Ferreiro en Celanova.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button