CulturaCulturaÚltima hora

A Casa dos Poetas de Celanova acolle a presentación do libro “Esquecementos”, de Carlos Teijeiro

O evento será o vindeiro xoves, 30 de xullo, ás 20:30 horas

A horta da Casa dos Poetas de Celanova acollerá, o próximo xoves 30 de xullo, a presentación do libro “Esquecementos”, obra do escritor Carlos Teijeiro. O evento está organizado pola Fundación Curros Enríquez e comezará ás 20:30 horas.

A publicación recolle unha serie de fotografías que formaban parte dunha exposición itinerante que estivo ata agora exposta na Casa dos Poetas, tras ocupar a sala dos arcos no Concello de Celanova. Ademais do escritor, a presentación tamén contará coa presenza de Antonio Piñeiro, que colaborou cun relato a esta publicación e no que tamén participou o poeta celanovés, Baldo Ramos.

A organización insta ao cumprimento de todas as medidas de seguridade derivadas da crise sanitaria e sinala que o uso de mascarilla será obrigatorio.

 

Cartel promocional da actividade. / Foto: cedida.

Artigos relacionados

Back to top button