CulturaEducaciónÚltima hora

A Casa dos Poetas de Celanova acolle un novo campamento a partir do 3 de agosto

Levará por nome "O ambiente galego" e está destinado a coñecer a fauna e flora autóctonas

 

O vindeiro 3 de agosto dará comezo na Casa dos Poetas de Celanova o campamento de verán “O ambiente Galego”, que durará ata o día 28 de setembro. A organización corre a cargo da Fundación Curros Enríquez en colaboración co Concello de Celanova e estará impartido por Xurxemurxe Xestión Cultural.

“O ambiente Galego” está destinado a nenos de entre 4 e 12 anos e será de 10:30h a 13:30h, de luns a venres. Coa actividade búscase que os máis pequenos coñezan a fauna e a flora galega, o seu bosque autóctono e as responsabilidades individuais e colectivas para coidar o medio. As actividades engloban obradoiros, xogos variados, actividades de cine, manualidades, un taller de cociña, estudo do medio e a plantación dun carballo.

O aforo estará limitado a un máximo de 10 prazas e para consultar as medidas sanitarias deberase contactar coa Fundación Curros Enríquez. Esta nova actividade continúa o campamento de xullo, que rematou hoxe, día 31, e que estivo centrado no descubrimento da cultura e o territorio galego.

 

Cartel promocional do campamento de agosto. / Foto: cedida.

 

Fotos da galería: cedidas, mostran algunhas imaxes do campamento de xullo.

Artigos relacionados

Back to top button