ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

A Casiña Azul, unha singular iniciativa de dinamización cultural en Río

É un espazo común e aberto que inclúe o centro de teletraballo, actividades de conciliación familiar e de reforzo escolar, entre outras

 

San Xoán de Río xa conta cunha dinamizadora cultural que ofertará os seus servizos na Casiña Azul, un novo espazo “común e gratuíto” que o Concello vén de abrir á cidadanía. Así, de luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30, a Casiña Azul convértese “nun espazo común e gratuíto que dende o Concello pomos a disposición de calquera persoa que queira acudir”, sinala o alcalde de Río, Xosé Miguel Pérez.

Neste local contaraser cun Centro de Teletraballo, un espazo para a conciliación familiar, unha sala de actividades para todas as idades e un centro para o reforzo escolar.

Unha das primeiras actividades que acollerá a Casiña Azul será un obradoiro para facer comedeiros para paxariños, que se impartirá durante esta semana polas tardes (de 16:30h. a 19:30h.).

 

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close