EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

A castaña galega promociónase en Gourmets

A IXP Castaña de Galicia, con presenza no stand da Consellería do Medio Rural, está a realizar degustacións neste certame que se celebrará ata o 10 de maio en Madrid

Gourmets está considerado o principal evento europeo dedicado aos produtos delicatessen de referencia para todos os profesionais da industria da alimentación, bebidas e gastronomía. Nesta edición, que se está a desenvolver do 7 ao 10 de maio, teñen presenza os diferentes consellos reguladores de calidade galegos, entre os que está o da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Castaña de Galicia.

Na tarde do 8 de maio, esta IXP ofrecía aos visitantes de Gourmets unha degustación de castañas fritidas, asadas e de puré de castañas, así como de queixo azul con arroz de remolacha e castañas. Para mañá, 9 de maio, está prevista unha nova degustación entre as 13h. e 14h. na que se amosará a versatilidade culinaria da castaña galega e a calidade deste produto.

 

De esquerda á dereita: representante da IXP Castaña de Galicia, a secretaria da IXP Queixo de Tetilla, a técnica da IXP Mel de Galicia, o técnico da IXP Pataca de Galicia, a presidenta da IXP Mel de Galicia, a conselleira do Medio Rural, Miguel Areán, o secretario da DOP Queixos Arzúa-Ulloa, a xefa de servizo de Promoción de Calidade e o presidente da DOP Queixo de Tetilla.

 

Na xornada do 8 de maio, a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, visitaba a mostra Gourmets, acompañada por outros membros deste departamento autonómico, e destacaba que esta cita constitúe un escaparate para darlle proxección aos produtos galegos nun escenario no que a alta gama é a protagonista.

Fotos cedidas pola IXP Castaña de Galicia.

 

De esquerda a dereita: a xefa de servizo de Promoción de Calidade, a presidenta da IXP Mel de Galicia, o secretario da IXP Castaña de Galicia, a conselleira do Medio Rural, o subdirector xeral de Industrias e Calidade Agroalimentaria e a directora xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close