CulturaCulturaÚltima hora

A castaña na mesa e na historia, nunhas xornadas en Cuntis

Incluían obradoiros de cociña e repostería con castañas e tamén a presentación dun libro sobre este froito na etapa medieval

Arredor dun froito de outono de referencia para a Galicia interior xiraban as IV Xornadas de Exaltación da Castaña “Cuntis vive a castaña” o 10 de novembro. O programa comezaba ás 11h. cun taller gratuíto de repostería dirixido por Tere Rico na Casa do Médico desta localidade pontevedresa e continuaba ás 12:30h. coa presentación do libro “No medievo, castañas e castiñeiros como recursos económicos” (E. Fervenza) de Héitor Picallo na Casa da Cultura desta localidade pontevedresa. Xunto ao autor participaban no acto Jesús Quintá e Manuel López, presidente e secretario da IXP Castaña de Galicia, respectivamente; Santos Héctor deputado provincial e Manuel Campos, alcalde de Cuntis.

Ao mediodía as xornadas incluían un menú con castaña nos restaurantes locais e xa ás 17:30h. impartíase un taller de cociña con este mesmo produto de Iván Méndez, novamente na Casa do Médico. Ademais ás 19:15h. ofrecíase unha degustación de tapas elaboradas con castaña da man de Méndez. E, finalmente, ás 20:30h. tiña lugar o tradicional Magosto.

Fotos cedidas.

 

Un dos doces elaborados nestas xornadas.

Artigos relacionados

Back to top button