EconomíaEconomíaÚltima hora

A cata con Mercedes González pon o broche ás I Xornadas de Botelo e Cocido Valdeorrés no Barco

 

A I edición das Xornadas de Botelo e Cocido Valdeorrés promovidas dende o Concello do Barco remataba igual que comezaba, cunha cata de viños na Casa do Río Cigüeño, organizada pola Concellería de Turismo e Comercio que dirixe Eladio Santos, como actividade complementaria ao xantar nos restaurantes.

A primeira tiña lugar o domingo 6 de febreiro da man de Luis Paadín que falaba de ‘Valdeorras, máis aló da godello e a mencía’ e segunda na mañá deste 27 de febreiro, Domingo de Entroido coa sumiller Mercedes González quen facía unha maridaxe con ‘Viños, botelo e risas’, como “a mellor terapia”.

Tanto na primeira como nesta segunda cata completábase o aforo (vinte persoas).

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button