EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

A Cata oficial da XXII Feira de Valdeorras premia a oito viños

Os nomes das marcas galardoadas veñen de darse a coñecer en Viloira (O Barco) na derradeira xornada da mostra. A adega Guitián & Blanco recollía ata tres galardóns

Era un dos momentos máis esperados. De feito eran numerosas as persoas que se congregaban na tarde deste 14 de xullo xunto ao stand do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras para coñecer os nomes dos viños premiados na XX Cata da desta XXII Feira do Viño, que se celebra en Viloira (O Barco).

A entrega comezaba polos viños doutras añadas, unha mención que nesta ocasión recaía en tintos no Lagar do Cigur barrica 2015 (Adega Melillas) e en brancos no D’Berna 2017 (Adega Guitián & Blanco).

 

Os premiados coas autoridades participantes na entrega de galardóns.

No caso dos viños da colleita 2018 en tintos o primeiro premio era para Alán de Val (Alán), o segundo para Finca A Coronela (O Cepado) e o terceiro para D’Berna. En brancos, o viño mellor puntuado era Quinta da Peza da adega do mesmo nome, o segundo premio recaía en D’Berna e o terceiro en Viñaredo.

No acto de entrega de premios contábase coa presenza do alcalde do Barco, Alfredo García, do concelleiro de Deportes Aurentino Alonso, así como coa do presidente do CRDO Valdeorras, José Luis García Pando, e o vicepresidente primeiro desta entidade, Marcos Prada.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button