EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A cata oficial da XXII Feira do Viño de Valdeorras abre a mostra

Nesta ocasión participaban máis de 40 mostras que eran valoradas por un panel de cata formado por nove expertos

Un ano máis, a XXII Feira do Viño de Valdeorras, que se celebrará en Viloira (O Barco) na fin de semana do 13 e 14 de xullo, vén de iniciar o seu programa de actos coa cata oficial da mostra. Neste mediodía un panel de cata formado por nove expertos reuníase na sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras en Vilamartín para valorar máis de 40 mostras, das que, aproximadamente 20 eran de viños brancos e outras tantas de tintos.

As valoracións dos catadores terán o seu reflexo nos premios, que non se darán a coñecer ata ás 20:30h. do domingo 14 de xullo. Tras a cata dos expertos, será mañá a partires das 12:30h. coa inauguración da feira, cando o público poderá degustar os viños das 21 adegas participantes nesta edición.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button