En portada

A cata oficial enceta a XVII Feira do Viño de Valdeorras

A inauguración do certame terá lugar no mediodía do sábado 12 de xullo na praza Andrés de Prada do Barco coa presenza de Cristina Pato
Membros do panel de cata na pre-cata da Feira do Viño de Valdeorras.
Membros do panel de cata na pre-cata da Feira do Viño de Valdeorras.

A pre-cata, na tarde do xoves 10 de xullo, e a cata final da mañá do 11 de xullo seleccionaba na sede do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, en Vilamartín, aos mellores viños da XVII Feira do Viño de Valdeorras. Tras a valoración dos expertos (un panel formado por uns dez catadores) será o público quen terá oportunidade de degustar os caldos desta nova edición do certame cuxo programa se abrirá de forma oficial o sábado 12 de xullo ás 12:30h. na praza Andrés de Prada do Barco.

Para este acto inaugural contarase coa presenza da pianista e gaiteira ourensá Cristina Pato, a partir de aí as 22 casetas das adegas participantes ofrecerán máis de cen marcas diferentes ao público. Iso si, os nomes dos viños galardoados nesta edición da cata non se coñecerán ata ás oito da tarde do sábado, momento no que se procederá á entrega de galardóns ás adegas no mesmo recinto feiral.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Fotos: Ángeles Rodríguez

Trátase dunha cata a cegas, na que as botellas dos viños puntuados están tapadas e identificadas por un número.
Trátase dunha cata a cegas, na que as botellas dos viños puntuados están tapadas e identificadas por un número.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button