OurenseÚltima hora

A Catedral de Ourense acolle unha mostra belenista

A mostra poderá visitarse na Capela de San Xoán ata o 7 de decembro
Inauguración da mostra na Catedral de Ourense.
Inauguración da mostra na Catedral de Ourense.

Ata o 7 de decembro, a Capela de San Xoán na Catedral de Ourense, acollerá a exposición “Francisco. Estrela de Belén e Camiño” (aberta de luns a sábado de de 11:30h a 13:15h. e de 16:30h a 19:30h.), unha mostra enmarcada no VIII Centenario de San Francisco de Asís a Compostela, que era inaugurada na mañá do 10 de novemebro polo xerente da Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo, Rafael Sánchez.

A mostra forma parte dun ciclo de exposicións temporais de beléns que están a percorrer lugares seleccionados do camiño que realizou San Francisco, en conmemoración e recoñecemento do seu impulso e propagación universal da devoción popular ao Misterio de Belén, unindo nun só programa as sensibilidades xacobea e franciscana.

En Ourense, a exposición terá dúas localizacións. Por unha banda a Capela de San Xoán da Catedral, adicada ao belenismo na provincia, que comprende obras relacionadas coa Natividade do Señor dos séculos XVI ao XIX, completándose con figuras, pinturas e beléns de artistas ourensáns do século XX. Por outro lado, o Liceo de Ourense, que a partires do próximo 29 de novembro, incluirá dúas salas con diferente temática: unha monográfica sobre a Vía da Prata- Camiño Mozárabe a Santiago de Compostela dende Huelva e outra sobre a Asociación Belenista de Ourense, próxima a cumprir o cincuenta aniversario.

Artigos relacionados

Back to top button