CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

A Catedral de Santiago, meta da peregrinación a Compostela

 

Tras unha maratoniana etapa, saíndo de Arzúa aínda de noite, en torno ás catro da tarde deste venres 15 de outubro chegaba a Santiago de Compostela o peregrino valdeorrés.

 

 

“O imán do Apóstolo atrainos con forza sin casi descansar, tan solo o imprescindible”, di, asegurando que a estampa galega repítese e conforme se adentraban na provincia da Coruña “o arume dos eucaliptos é persistente, salvo algún purinazo dos abonados das terras”.

 

 

Á parte da paisaxe, dos monumentos e da xente que se foi atopando ao longo do camiño, ao peregrino chámalle a atención a insistente sinalización en zonas perigosas. “Non debe ser tan difícil facer o mesmo na nosa Valdeorras, o marxen das polémicas. Faise necesario, pois os peregrinos irán por donde estimen oportuno”, asegura, recoñecendo que malia estar acostumado a camiñar, a andaina é particularmente difícil desde Pedrouzo á zona de TV Galicia. Dende ese punto chegaba pronto ao Gozo co bullicio santiagués. “A entrada o sepulcro e fácil nesta hora con pouca xente”, conclúe, conseguindo tamén entrar na Catedral.

 

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button