Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

A cea benéfica da AECC de Valdeorras reúne a unhas 120 persoas

Tiña lugar na noite do 6 de abril no Casino do Barco e contaba coa actuación do grupo Aire Flamenco

O Casino do Barco acollía na noite do 6 de abril a cea benéfica que organizada cada ano a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) de Valdeorras, que preside Gloria Pérez. Nesta ocasión esta cita solidaria, cuxa entrada tiña un prezo de 30 euros, congregaba a unhas 120 persoas que comezaban a cear arredor das 22h.

O menú, servido por persoal do Casino barquense, incluía táboa de embutidos, langostinos con salsa, redondo de tenreira con guarnición, tarta (cortesía de Lambone) e pan elaborado pola Asociación de Mulleres Rurais de Córgomo. Estes pratos estaban acompañados por viños doados por varias adegas da Denominación de Orixe Valdeorras e a auga foi aportada por Exclusivas Morales.

A velada estaba animada pola música do grupo Aire Flamenco e na sobremesa tiña lugar un sorteo de diversos produtos doados por establecementos de Valdeorras. Esta iniciativa solidaria pretende recaudar fondos que permitan sufragar as actividades desta entidade, se ben unha parte tamén irá destinada a investigación.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button